O historiador Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo) publica 'A Galicia Moderna (1880-1939)' (Xerais, 2026), un ensaio sobre a transformación tecnolóxica do medio rural galego durante ese período. Fernández Prieto analiza a traxectoria do sector rural de Galicia no seu avance cara á modernización, un proceso que culminou coa abolición definitiva do sistema de 'foros'.